Apertura da inscripción para o II Triatlón do Porriño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Porriño
A-
A+

O Concello de Porriño anuncia a apertura da inscripción para a súa II Triatlón. Tralo éxito alcanzado o pasado ano coa posta en marcha desta iniciativa e no seu obxectivo de continuar promoviendo a actividade deportiva, a Concelelría de Deportes, que dirixe M. Alejandro Lorenzo, decidiu volver repetir a competición que se celebrará o vindeiro sábado 7 de xuño a partir das 16.30 horas.

Os municipios de Porriño e Tui únense de novo para a organización do evento cuxas inscricións xa están abertas on-line, a través da web da Federación Galega de Triatlón www.fegatri.org. Do mesmo xeito que na pasada edición, para os federados o prezo será de 10 euros e gratuito para os cadetes. Os non federados deberán tramitar a licenza dun día a través da propia web da federación, tendo esta un custo de 12 euros, polos que os non federados pagarán 22 euros e 12 euros os cadetes. Ademais, o propio día da proba, no momento de recoller o dorsal, cada participante deberá entregar un quilo de comida en beneficio de SOS Porriño.

A saída da proba estará situada en Tui, onde se efectuarán 750 metros a nado, a continuación dará comezo a carreira ciclista de 20,2 quilómetros e que levará aos participantes a Porriño, onde terá lugar a transición para empezar coa carreira a pé, dun total de 5 quilómetros, que transcorrerá por diferentes rúas do centro urbano con meta na praza Arquitecto Antonio Palacios. Haberá tres premios para cada unha das catro categorías: cadete, junior, absoluta e veteranos, e trofeo local, masculino e feminino. Ademais, todos os que finalicen a proba recibirán un obsequio conmemorativo.

Para unha maior información respecto diso, os interesados poden dirixirse ao Servizo de Deportes do Concello de Porriño chamando aos teléfonos 986 34 44 20 ou 638 071 318. Así mesmo, tamén se habilitará nos próximos días unha páxina web exclusivamente para dar conta de todo o referente ao evento.

5 de maio de 2014 | 19:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.