Adrián González gaña o concurso fotográfico “As mulleres de Riveira a través da cámara”

Adrián Varela coa foto premiada
Adrián González, veciño de A Pobra, foi o gañador do certame de fotografía “As mulleres de Riveira a través da cámara”, promovido pola Concellería de Igualdade a través do CIM coa finalidade de destacar e reivindicar o papel que ocupan as mulleres na sociedade.
A concelleira Aroa Fernández foi a encargada de entregar ao distinguido o obsequio en que se materializou este premio (un lector de libros electrónicos), un acto que tivo lugar nas propias dependencias do CIM.
Adrián González presentou ao certame unha serie de tres fotografías nas que se amosan diversas mariscadoras desempeñando o seu oficio.
Dende a organización se quixo destacar non só a idoneidade do contido das imaxes á hora de promover a igualdade de xénero, senón tamén a calidade técnica das instantáneas.











