Ábrese o período de información pública da ordenanza sobre acceso electrónico a servizos municipais de Riveira
O Boletín Oficial da Provincia publica na súa edición de hoxe o inicio do período de información pública da Ordenanza Reguladora do Acceso Electrónico aos Servizos Municipais do Concello de Riveira, unha vez o pleno da Corporación aprobou inicialmente esta normativa na sesión ordinaria celebrada o día 28 de abril.
Os interesados poderán presentar as súas reclamacións ou suxestións nun prazo de 30 días hábiles contados a partir de mañá. Transcorrido este prezo, o pleno procederá a resolver as suxestións e reclamacións presentadas e aprobará definitivamente a referida ordenanza.
No caso de que non se presente ningunha, entenderase definitivamente aprobado o acordo ata entón provisional, que entrará en vigor.











