Aberta a inscrición para un curso de autoemprego e creación de empresas en Rois
No marco do proxecto Rede Xiana2, no que o Concello de Riveira participa xunto con outros 90 municipios da provincia da Coruña, vaise impartir proximamente un curso de autoemprego e creación e xestión de empresas.
Esta acción formativa vai ter lugar no municipio de Rois e contará cunha duración de 320 horas.
Aqueles riveirenses desempregados que estean interesados en asistir teñen un prazo extraordinario de cinco días (dende hoxe luns ata o venres 23) para inscribirse na Oficina de Desenvolvemento Local de Riveira, situado na Casa do Concello, primeiro andar (Teléfono: 981835417. Fax: 981871610. Enderezo electrónico: emprego@riveira.com).
Os requisitos que deben cumprir son os seguintes:
– Estar inscritos na Oficina de Emprego correspondente e coa tarxeta de demandante de emprego debidamente actualizada.
– Ter cumpridos os 18 anos de idade.
– Estar empadroado no concello de Riveira.











