A FECAP 2014 incluirá dentro do seu programa a I Feira de Cans de Caza

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocal PortadaPontevedraSilleda
A-
A+

fecapA I Feira de Caza, Pesca e Natureza, FECAP 2014, a cal terá lugar do 12 ao 15 de xuño de forma paralela á 37ª Semana Verde de Galicia, celebrará no seu marco a I Feira de Cans de Caza, na cal participarán destacados exemplares de toda a comunidade.

Nesta Feira serán exhibidos e competirán cans de gran variedade de razas, tanto puros como cruzados, de caza maio ou menor, que participan nos lances cinexéticos que se practican tanto nos montes galegos como fóra de Galicia.

Os exemplares presentes serán xulgados en base a criterios raciais e morfolóxicos por xuíces con gran experiencia nestas competicións, sendo premiados os 20 cans máis destacados segundo estes parámetros. Tamén se entregarán premios especiais á “Mellor Gaiola”, “Mellor Camada” e “Mellor Exemplar”, ademais de galardóns conmemorativos para todos os participantes.

Os interesados en concorrer a esta I Feira de Cans de Caza, que se desenvolverá durante a tarde do día 14 e todo o día 15, poden consultar as bases de participación, horarios e outros aspectos na web www.fecap.es.

FECAP 2014

A I Feira de Caza, Pesca e Natureza, a cal conta coa colaboración da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, a Axencia Galega de Turismo e outras entidades dos sectores implicados, será a única coa súa temática na comunidade.

Contará cunha atractiva área expositiva á que se unirá un completo programa de actividades no cal se incluirán tanto propostas para ser contempladas polos visitantes como outras nas que estes poderán participar. Unha formulación que converterá á feira nun verdadeiro punto de encontro para profesionais e afeccionados á caza, a pesca e as actividades no espazo natural.

8 de maio de 2014 | 14:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.