A biblioteca municipal do Porriño acolle un taller de cómic

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Porriño
A-
A+

Crear guións baseados en historias cotiás afondando en valores como as relacións humanas saudables e o respecto na convivencia, así como en aspectos como a creatividade e a imaxinación, será o que faga un grupo de usuarios de Aceesca e de escolares do CEIP Fernández López na Biblioteca municipal do Porriño.

O próximo martes día 13, con motivo do Día das Letras Galegas, a Concellaría de Cultura, que dirixe Teresa Veloso, organizou un taller de cómic que será impartido por José Tomás Díaz Teijo, máis coñecido como Xosé Tomás, ilustrador, humorista gráfico e profesor de inglés de ensino secundario.

Durante a sesión Xosé Tomás tratará de achegar un medio tan complexo e aglutinador a través da implicación persoal. Abordarase a creación de personaxes e as técnicas para facelo, así como os códigos dos cómics: as viñetas, as elipses narrativas, a montaxe de páxinas e os planos cinematográficos. Ademais, recorrerase á exemplificación con obras destacadas dende diversos puntos de vista: temáticas como a vida familiar, o respecto ao medio, a resolución de conflitos, etc.

2 de maio de 2014 | 19:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.