Xornada de portas abertas na Escola Municipal de Danza Clásica de Riveira
Mañá martes terá lugar unha xornada de portas abertas na Escola Municipal de Ballet, na especialidade de danza clásica, para que pais, nais, familiares e achegados poidan contemplar in situ a evolución dos pequenos.
Esta acción terá lugar ás 18 horas na aula situada no Conservatorio de Música de Riveira.











