Un grupo de escolares visitará a praza de abastos do Porriño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Porriño
A-
A+

A Concellaría de Prazas e Mercados do Concello do Porriño que dirixe María José Martínez organizou para mañá martes unha visita guiada á praza de abastos. Un grupo de escolares do CEIP Antonio Palacios realizará un percorrido didáctico polas instalacións acompañados da arquitecta municipal, Alba Rodríguez, e do veterinario de saúde pública Nicanor Ocampo, quen lles irán dando as explicacións oportunas.

“Os máis novos da casa terán a oportunidade de coñecer o funcionamento da praza de abastos, desde os seus inicios até a actualidade; os diferentes postos de froita, peixe, carne…os cales ofrecen aqueles produtos máis adecuados para unha dieta sa e equilibrada, e tamén para que vexan a segunda planta, que moitos descoñecen o seu funcionamento”, explica a concelleira.

A visita dará comezo ás 12.30 horas e coincidirá ademais con día de feira e, consecuentemente, de maior afluencia ao mercado.

7 de abril de 2014 | 18:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.