Un cento de cativos de Riveira celebrarán o Día da Árbore no parque de San Roque
Como xa é tradicional, pequenos e pequenas do municipio de Riveira van celebrar o Día da Árbore cunha plantación nalgunha dos paraxes de interese natural do municipio.
Nesta ocasión, o escenario escollido será o parque periurbano de San Roque e os protagonistas do significativo momento, un cento de meniños asistentes a distintas garderías de Riveira.
Piñeiros
A cita terá lugar este sábado día 12 de abril a partir das 11 horas. Asistidos polos seus pais, os nenos plantarán cadanseu piñeiro nunha zona do parque, mentres que catro profesores (un en representación de cada centro participante: Escola Infantil Municipal, Os Cativos, Barbanziños e unha ludoteca da cidade) plantarán entre todos outra especie arbórea máis grande coa axuda do alcalde.
Ademais, no transcurso do Día da Árbore un contacontos relataralles aos rapaces fermosas historias sobre árbores e natureza.











