Un centenar de cativos de Riveira celebraron un soleado Día da Árbore no periurbano de San Roque

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+
Día da Árbore en Riveira

Día da Árbore en Riveira

Un cento de nenos e nenas de catro garderías do municipio celebraron no soledado día de hoxe o tradicional Día da Árbore no parque periurbano de San Roque.

Cada un dos rapaces tivo oportunidade de plantar un pequeno piñeiro nunha zona situada moi preto do miradoiro deste espazo natural.

Ademais, representantes dos pais e profesorado de cada centro, acompañados do alcalde, plantaron dous platanos de sombra: un labor no que que numerosos nenos e nenas saltáronse o guión previsto e non dubidaron en botar unha man, ao igual que aportaron o seu grao de area os concelleiros de Medio Ambiente (Elvira Pereira), Servizos Sociais (Vicente Mariño) e Educación (Maricarmen Vizcaya).

Para rematar a xornada, os rapaces recibiron un bocadillo e unha bebida e a continnuación presenciaron a actuación dunha contacontos.

12 de abril de 2014 | 19:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.