Simulacro de incendio no Ceip de Olveira de Riveira coordinado por Protección Civil

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+

Protección Civil de Riveira coordinou no mediodía de hoxe un simulacro de incendio no CEIP de Olveira que se celebrou conforme á planificación prevista.

O obxectivo desta iniciativa residiu en poñer en práctica o plan de autoprotección do centro, adestrar ao persoal docente e persoal exterior con implicación neste tipo de sinistros, comprobar a capacidade de resposta dos medios que interveñen e observar os erros que se cometan para posteriormente emendalos e incluílos no plan de autoprotección.

No desenvolvemento do simulacro partiuse dunha suposta alarma de incendio nunha estancia baldeira do inmoble. O exercicio constou da evacuación total e correcta do centro, o control dos usuarios e persoal desaloxado no exterior, e a valoración dos tempos de evacuación e de resposta de medios externos.

Ademais do propio corpo docente e alumnado do CEIP de Olveira, participaron no dispositivo Policía Local, Policía Nacional, Protección Civil, Bombeiros e unha ambulancia de Ambunova.

8 de abril de 2014 | 19:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.