Riveira pon en marcha a campaña recordatoria da obriga de recoller as feces de cans en espazos públicas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+

Tal e como estaba previsto e aproveitando a proximidade da Semana Santa, o Concello de Riveira vén de activar a anunciada campaña municipal de sensibilización que pretende lembrar a obrigatoriedade de recoller as feces caninas da vía pública.

Con tal motivo, estase procedendo á instalación de distintos soportes informativos en rúas, prazas e parques tanto da cidade como das parroquias, soportes entre os que se inclúen carteis elaborados en PVC, bandeirolas de 1,20 metros de alto, material adhesivo para instalar en báculos das farolas, indicadores para bordillos de beirarrúas e outros.

A rúa de Galicia, a praza de España, a praza do Concello xa contan con algún destes elementos, en tanto que está previsto actuar pola tarde na avenida do Malecón e proseguir cos labores de instalación nos vindeiros días.

Dispensadores de bolsas

Esta extensa campaña organizada baixo o lema “Este é un xesto que te honra” terá continuidade a través doutras accións como o reparto de dípticos informativos e chapas en centros escolares, a colocación de carteis en establecementos hostaleiros e comerciais ou a distribución de dispensadores de bolsas aptos para ser colocados nas correas das mascotas.

A través dalgún dos elementos instalados se recorda que, de acordo coa ordenanza municipal de limpeza, a sanción por no recoller os excrementos animais pode ascender ata os 150,25 euros. Tamén se incide na obriga de que os cans perigosos estean inscritos no correspondente censo, ademais de levar bozo e correa.

8 de abril de 2014 | 19:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.