Riveira dará cabida a unhas xornadas técnicas sobre triatlón durante o mes de maio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesRiveira
A-
A+

Ao longo do mes de maio terán lugar no noso municipio as Primeiras Xornadas de Triatlón Cidade de Riveira.

Organizadas por Tri498, Astrogal e Arousa Natureza e Ocio, co patrocinio de Revolutrion e Gadis e a colaboración do Concello, a concepción destas xornadas ten por obxectivo o fomento do triatlón a través da celebración de charlas técnicas, test de neoprenos e adestramentos dirixidos.

Iván Raña

Contará coa participación de diversos especialistas, como Iván Raña, José Rioseco, Alejandro Santamaría, Saleta Castro, Pepe Navarro, Tino Miguel, Alberto Álvarez, Diego Abeijón, Héctor Lorenzo e Xavier Alfonso.

Todas as actividades serán gratuítas. Os interesados en participar deben reservar praza na tenda deportiva Revolutrion (teléfono de contacto: 881 862 239). Nalgunhas das accións programadas as prazas serán limitadas ou circunscritas a maiores de idade.

16 de abril de 2014 | 12:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.