Riveira convova un proceso selectivo para contratar oito auxiliares de Policía Local

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+

O Concello de Riveira vén de convocar un proceso selectivo para a contratación laboral temporal de oito auxiliares de policía local, que prestarán os seus servizos durante catro meses baixo unha modalidade de xornada semanal a tempo completo.

Os interesados en tomar parte no proceso selectivo teñen un prazo de dez días naturais que darán comezo a partir de mañá. Tanto as solicitudes como o resto de documentación esixida deberá ser presentada no Rexistro Xeral do Cooncello, mediante instancia dirixida ao alcalde.

A copia das bases de contratación e o modelo de instancia están dispoñibles no Rexistro Xeral e na páxina web municipal www.riveira.es.

15 de abril de 2014 | 11:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.