Protección Civil de Riveira coordinará un simulacro de incendio no Ceip de Olveira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+

Protección Civil de Riveira vai coordinar mañá martes día 8 de abril, un simulacro de incendio no CEIP de Olveira.

Esta acción, que terá lugar a partir das 12 do mediodía, ten como principais obxectivos poñer en práctica o plan de autoprotección do centro, adestrar ao persoal do centro e do persoal exterior con implicación neste tipo de sinistros (protección civil, Policía nacional, policía local e bombeiros), comprobar a capacidade de resposta dos medios que interveñen e observar os erros que se cometan para posteriormente emendalos e incluílos no plan de autoprotección.

No desenvolvemento do simulacro partirase dunha suposta alarma de incendio nunha estancia baldeira do inmoble. O exercicio constará da evacuación total e correcta do centro, o control dos usuarios e persoal desaloxado no exterior, e a valoración dos tempos de evacuación e de resposta de medios externos.

7 de abril de 2014 | 20:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.