O Porriño informa dun corte de subministración de enerxía eléctrica en Budiño
O Concello de Porriño informa dun corte de subministración de enerxía eléctrica que se producirá este domingo, 6 de abril, en Budiño. O corte será efectivo entre as 08.00 e as 11.00 horas na parroquia de San Salvador de Budiño e entre as 08.00 e as 13.00 horas afectará os veciños que toman subministración CT Budiño-Costeira 2.
Segundo informa a empresa responsable, Electra Alto Miño, SA., o corte realízase con motivo de realizar obras de mellora, mantemento e posta en servizo de novas instalacións en liñas de media tensión.
A entidade pide anticipadamente desculpas a todos o veciños polas molestias ocasionadas, á vez que roga aos usuarios que adopten as medidas precisas para evitar danos en receptores eléctricos por posibles alteracións na reposición da subministración eléctrica. Desta maneira, sinala que a medida eficaz para a protección de devanditos receptores é proceder ao corte do interruptor xeral da instalación para desconectar todas as instalacións interiores durante o tempo que dure a falta programada de subministración. Todas as liñas considéranse en tensión durante o corte.











