O IES Ribeira do Louro do Porriño experimenta un simulacro de incendio

Simulacro de incendio
Co obxectivo de adestrar á comunidade educativa no protocolo de actuación en situación de emerxencia, o Concello de Porriño, a través da Concellaría de Educación e de Tráfico e Seguridade Cidadá que dirixen Ana Martínez e José Manuel Jacobo, respectivamente, está a desenvolver un proxecto formativo dirixidos a todos os centros educativos do municipio do que participan tamén o equipo de Bombeiros e a Policía Local. O alcalde Nelson Santos subliña “a importancia desta iniciativa que comezou o curso 2010-2011 coa finalidade de adestrar aos responsables dos centros e aos propios escolares para o correcto desenvolvemento dunha situación de perigo que requira unha evacuación”. A implementación destes procedementos é unha cuestión de gran relevancia, cuxa actualización é tamén primordial.
Precisamente hoxe comezou a levar a cabo a parte práctica do proxecto consistente na realización dun simulacro de emerxencia e evacuación, “coa peculiaridade de que só os directores de cada centro saben que se trata dun mero simulacro e non dunha emerxencia real, polo que aí vese verdadeiramente como actuaría cada persoa, detectando posibles fallos para a súa posterior corrección”, explica Daniel Rodríguez, xefe da Policía Local.
Esta mesma mañá foron tres gardarías e o IES Ribeira do Louro os escenarios do simulacro e a partir do mes de maio realizaranse nos demais centros educativos do municipio. Desta maneira, hoxe acudían ao instituto de Torneiros, coma se dunha urxencia real tratásese, os axentes da policía local e bombeiros, sendo ademais informado do sucedido o 112 Emerxencias Galicia. Alumnado e profesorado puideron pór en práctica os coñecementos adquiridos nas sesións teóricas aplicando as pautas para unha correcta e ordenada evacuación. Son os propios equipos auxiliadores os que provocan a situación de emerxencia, para o que se instala unha máquina que desprende fume artificial. Neste caso, todo cumpriuse segundo o previsto e en 2,42 minutos o medio milleiro de persoas que se atopaban no centro saíron en orde para reunirse no patio por grupos, os cales cada curso debe estar co seu profesor; no entanto, agora realizarase unha análise máis exhaustiva para comprobar que todo se desenvolveu correctamente.
Para coñecer os resultados establécese un instrumento de observación e control, un documento no que se recollen e mídense factores como o tempo investido na evacuación, a orde de saída do centro, o control sobre situacións imprevistas, a tranquilidade, o ambiente, o funcionamento dos roles, a identificación da localización segura e que toda a comunidade escolar quede a salvo. Así mesmo, facilítaselles aos directores dos centros un cuestionario de avaliación para recoller o grao de interese da actividade, a organización da mesma e as propostas e sugestiones que desexen achegar para a mellora do proxecto.











