publicidade hoxe

O GDR Terras do Deza dá luz verde a 5 novos proxectos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAgoladaDozónLalínLocal PortadaPontevedraRodeiroSilledaVila de Cruces
A-
A+

A xunta directiva da Asociación de Desenvolvemento Rural Terras do Deza, presidida polo seu presidente José Luís Factor, reuniuse onte para aprobar, entre outros temas, cinco novos proxectos do programa Leader para este ano.

O primeiro deles, promovido polo concello de Agolada, é a posta en marcha dunha Aula de Informática na Casa de Cultura, cun orzamento aceptado de 10.804,96 euros, situándose o importe da axuda por parte do GDR no 100 % desa cantidade.

O segundo dos proxectos, e cunhas características similares ao anterior trátase dunha Aula de Informática para o Local que o Concello de Rodeiro dispón en Alceme, A Latiza, cun orzamento aceptado de 11.920 €, sendo tamén o importe da axuda do 100% desa cantidade.

O terceiro proxecto que se aprobou foi o dun Obradoiro de Pastelaría “Doces Encantados” que xa abriu as súas portas recentemente na rúa Melide do Lalín, cun orzamento aceptado de 25.843,42 €  e unha subvención do 34,50 %, é dicir 8.915,98 €.

O cuarto dos proxectos é o promovido pola coñecida Imprenta Alvarellos, e trátase dun proxecto moi innovador xa que introducirá na empresa unha nova liña dedicada a distribución editorial híbrida dixital e física de libros. Neste caso, o orzamento aceptado foi de 83.249,18 € e concedéuselle unha subvención do 38,21 % de 31.801,19 €.

Por último, o quinto proxecto trátase da posta en marcha dunha Granxa escola “O Curral do Galo Celta” en Vila de Cruces, e que contará con todas as dependencias necesarias para poder formar e informar aos visitantes/alumnos sobre as tradicións do rural galego e sobre a cría do galo de forma ecolóxica e tradicional. En canto ao orzamento aceptado foi de  180.529,53 € e cun 45% de subvención correspondéronlle 81.238,29 €.

Estes proxectos complementan aos xa aprobados en xuntas directivas anteriores, o da Creación dunha sala de Actividades Musicais e multimedia no local social de Cercio, promovido polo concello de Lalín e cunha axuda de 50.000 €, o de

Lácteos Farelo, que cun orzamento aceptado de 38.727 € concedéuselle unha axuda de 13.244 €, para a instalación dun Secadero de queixos na industria que teñen de Agolada; o da creación dun Punto deportivo Xuvenil na Carballeira das Pedrosas, promovido polo concello de Silleda como punto de encontro dos mozos do concello e cunha subvención de 5.741,94 €; e por último o promovido polo propio GDR a terceira edición dun Plan de Formación e acompañamento do sector agrario, alimentario e turístico na Comarca do Deza que dispón de 3.241,58 € para a súa execución.

Todas as iniciativas aprobadas onte polo GDR dispoñen da verificación do Informe de Control de Elexibilidade (ICE) por parte da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader). Agora, unha vez que Grupo de Desenvolmento Rural deulle luz verde, han de remitirse as aprobacións á Axencia para que emita as resolucións e envíeas directamente aos promotores dos distintos proxectos validados e procedan estes a a súa execución e posterior xustificación.

25 de abril de 2014 | 16:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.