O Escuadrón de Vixilancia Aérea número 10 visita a Sala Museo Municipal de Riveira

Visita do EVA 10 a Riveira
Persoal do Escuadrón de Vixilancia Aérea nº 10 visitou esta mañá a Sala Museo Municipal de Riveira. O grupo, encabezado polo comandante xefe José María Gómez Sánchez, estivo composto por 21 membros, entre persoal civil e militar que está destinado a distintas dependencias do EVA 10.
O alcalde Manuel Ruiz foi o encargado de recibir a esta comitiva, que atendeu con interese cantas referencias ao contido do museo explicou a directora do mesmo, Pilar Casas.
Ao longo dunha hora percorreron as distintas plantas do inmoble, finalizando a visita cun intercambio de obsequios institucionais: unha metopa entregada polo comendante Gómez Sánchez e unha réplica en cerámica do faro de Corrubedo por parte de Ruiz Rivas.
Estaba previsto que a continuación visitasen as instalacións da empresa conserveira riveirense Frinsa.











