O dolmen de Axeitos convértese en eixo dunha exposición fotográfico-poética no Museo do Gravado

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+

O Museo do Gravado de Artes está a acoller unha nova exposición titulada “O Mundo Habitado”. Trátase dunha proposta, combinación de poesía e fotografía, que ten a particularidade de posuír no dolme de Axeitos a súa gran fonte de inspiración. Dous son os creadores implicados na mostra: o fotógrafo arxentino Gustavo García e o escritor francés François Davo.

Na tarde de onte, as instalacións situadas no lugar de Outeiro, coa presenza do presidente da Fundación Museo de Artes, o alcalde Manuel Ruiz, e do artista Gustavo García.

Ruiz Rivas expresou a súa satisfacción por que este museo de Artes dea cabida a unha exposición na que “o noso”, o patrimonio de Riveira, estea presente unha vez máis, nesta ocasión por medio do dolmen de Axeitos.

Gustavo García sentiuse moi honrado por traer esta mostra, na que a pedra e a luz filtrada entre as pólas xogan un papel esencial á hora de compoñer as imaxes fotografiadas.

Antes de dar remate ao acto, o artista noiés Delio Sánchez deu lectura a unha selección dos poemas de François Davo incluídos nesta exposición e recomendou vivamente a obra do bardo francés, quen non puido acudir á exposición por causas de índole persoal.

27 de abril de 2014 | 19:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.