O Concello de Silleda manterá unha reunión cos veciños de Cira afectados pola LMT de Unión Fenosa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSilleda
A-
A+

O Concello de Silleda vén de convocar unha reunión informativa cos propietarios e propietarias dos terreos por onde discorre a Liña de Media Tensión proxectada pola empresa Unión Fenosa Distribución S.A entre os municipios de Boqueixón e Silleda.  A cita será o venres 25 ás 18.00 horas no local social da parroquia de Cira, onde se sitúan os terreos afectados por este proxecto, que se atopa en proceso de información pública. O alcalde de Silleda, Manuel Cuíña, e o concelleiro de Servizos e Medio Rural, Klaus Brey, asistirán a este encontro, para o que se convocou dende o Concello a máis de vinte propietarios afectados desta parroquia silledense.

O pasado 16 de abril o Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou o anuncio da Consellería de Economía e Industria polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica.

Tratase dunha LMT a 20 kv de 2.786 metros de lonxitude, estruturada en dous tramos aéreos con conductor e tres subterráneos.

“Dende o Concello queremos informar e ofrecer asesoramento os propietarios e propietarias afectadas”, indica o alcalde, Manuel Cuíña.

23 de abril de 2014 | 18:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.