O Concello de Riveira inviste 50.000 euros na mellora de catro camiños en Bouza e Lombas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+

A xunta de goberno local do Concello de Riveira aprobou no día de hoxe a adxudicación da mellora dunha serie de camiños (catro concretamente) que serven de acceso aos lugares de Lombas e Bouza, situados nas parroquias de Palmeira e Olveira, respectivamente. A empresa Nemesio Ordóñez, S.A., resultou a entidade adxudicataria, por un importe de 49.082,96 euros. O prazo de execución é dun mes.

A actuación está incluída no Programa de mellora de camiños de titularidade municipal 2013-2014 que, financiado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), está promovido pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader).

O obxecto fundamental que se persegue con este proxecto reside en pavimentar os citados camiños co fin de permitir a circulación de vehículos en condicións axeitadas dende un punto de vista de seguridade viaria, ademais de reforzar o seu firme.

Bouza

Neste contexto, no camiño de acceso a Bouza a actuación materializarase en dous viais de características distintas: un deles feito de aglomerado asfáltica, aínda que con numerosas irregularidades; e o outro  de zahorra e terra vexetal, resultando intransitable nos meses de inverno a causa das chuvias.

En tanto que o primeiro camiño será pavimentado mediante unha mestura bituminosa en quente tipo D-12, o segundo recibirá un tratamento superficial formado por un triple rego asfáltico estendido sobre unha capa de grava de 20 centímetros de espesor.

Lombas

En canto ao acceso ao lugar de Lombas, tamén se distinguen dous tramos, ambos de terra natural, pero un con grava (o que facilita o tránsito dos veciños) e o outro formado unicamente por zahorra e terra vexetal.

O primeiro tramo será pavimentado cunha mestura bituminosa en quente tipo D-12 e o segundo con zahorra.

24 de abril de 2014 | 17:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.