O ciclo de naufraxios na costa galega conclúe coa conferencia de Rafael Lema Mouzo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+

A programación que o Abril Literario de Riveira dedicou este ano aos Naufraxios dende o punto de vista da historia e literatura concluirá no día de mañá, xoves 24 de abril, cunha conferencia impartida polo investigador e historiador Rafael Lema Mouzo. O título da charla non podía ser máis ilustrativo: “Naufraxios na costa galega”.

A cita será unha vez más ás 20 horas no Centro Cultural Lustres Rivas. O acceso terá carácter libre e gratuíto.

Licenciado en Ciencias Ambientais, Rafael Lema Mouzo ten colaborado en diversos medios de comunicación e ostenta a presidencia do colectivo ecoloxista Px de Costa da Morte. Ten unha obra diversa como narrador e poeta e destaca polo seu intento de acercar a historia naval á ligeratura de Verne ou Salgari. Entre as súas obras figura “Costa da Morte. Un país de sueños y naufragios”, publicada en 2008, así como o seu “Catálogo de Naufragios. Costa da Morte – Galicia”, compendio actualizado en 2014.

23 de abril de 2014 | 18:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.