O centro Lustres Rivas exhibirá pinturas de 53 artistas acerca do parque nacional das Illas Atlánticas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+

O Centro Cultural Lustres Rivas vai dar cabida a partir deste venres 25 de abril a unha nova exposición titulada “Lenzos da Natureza”.

Esta mostra reune as obras dos 53 artistas participantes no Primeiro Encontro de Pintores do Parque Nacional Illas Atlánticas, que tivo lugar o día 22 de setembro de 2013.

Aquel día, os autores saíron dos portos de Riveira, Vigo, Bueu e Vilagarcía rumbo a Sálvora, Cíes, Ons e Cortegada para recoller co seu pincel a fermosura do contorno, aunando así natureza e arte baixo a inspiración do único parque de categoríanacional que hai en Galicia.

Os artistas tiveron oportunidade de escoller libremente tema, técnica e soporte, dando lugar a unha variada colección de obras pictóricas, con óleos sobre lenzo, óleos sobre táboa, acrílicos ou acuarelas.

Inauguración

O acto de inauguración terá lugar ás 20.30 horas. Estará presidido polo alcalde Manuel Ruiz Rivas e contará con participación do director do parque, José Antonio Fernández Bouzas.

A exposición estará aberta dende o 25 de abril ata o 20 de maio.

Poderá ser visitada gratuitamente de luns a venres, de 9 a 14 e de 17 a 21 horas, e os sábados de 11 a 14 horas.

22 de abril de 2014 | 11:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.