O balonmán Porriño gaña tras aproveitar mellor as oportunidades ante o Mecalia Guardés

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA GuardaDeportesO Porriño
A-
A+
Encontro Porriño - Guardés. Foto: Ignacio Saa

Encontro Porriño – Guardés. Foto: Ignacio Saa

Demasiados fallos acabaron pasando factura e a pesar de que  o Mecalia puido romper o partido na primeira metade, non foi capaz de consolidar a vantaxe de 3 goles que tiña no minuto 16, perdéndoa de seguido ante unha reacción do Porriño que se foi ao descanso con 4 arriba (14-10). Con todo tampouco o equipo local lograba controlar o encontro e ao minuto 15 da continuación chegaba novamente o empate, empate que se foi mantendo ata o minuto 20, pero a partir de aí, incrementáronse os erros do Guardés e os acertos do Porriño, abrindo nova brecha, que chegou a ser de 5 tantos, aínda que nos últimos minutos as visitantes lograron maquillar o resultado.

Aínda que o Porriño chegaba ao derby con notables baixas nas súas filas, non cabe dúbida que aproveitou moito mellor as súas opcións e venceu con todo merecemento a un Guardés errático e fallón.

BALONMÁN PORRIÑO  26 – MECALIA GUARDÉS 23

Balonmán Porriño:Iris Sanjuan, Maialen Mugika (5), Cecilia Cacheda (5), Isa Bastero (2), Sandra Costas (3), Lorena Pérez (2), Xica (4, 2p) –sete inicial-, Nina González (p.s.), Sheila Campos (p.s.), Sarai Samartín (4), Carla Rivas (1) e Mónica Mata.

Guardés:Cristina Mestre, Vanesa Amorós (2), Ronsel Doiro (7, 5p), Cristina Barrios, Alesia Kurchankova (3), Andrea Dapena (2), Carmen Martín (4) –sete inicial-, Bárbara Cerqueira (2), Ana Portu, Catarina Ascensao e Laura Morais.

Parciais:1-2, 4-4, 6-7, 9-7, 11-8, 14-10 (descanso), 15-12, 16-14, 18-18, 20-20, 24-21 e 26-23 (final).

Árbitros:Martín Rodríguez e Daniel Portela (Galicia)

Excluíron ás locais Cecilia Cacheda, Sandra Costas, Maialen Mugika (2) e Lorena Pérez (2) e ao visitantes Ronsel Doiro, Andrea Dapena e Cristina Barrios (2).

26 de abril de 2014 | 22:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.