Masterclass gratuíta en Riveira para perfeccionar a formación como camareiros de 200 riveirenses
No marco dos Cursos de Formación do Sector Hostaleiro que dende o mes de febreiro está a organizar o Concello de Riveira con financiamento do GAC, vaise desenvolver no municipio unha acción complementaria a estes cursos, consistente nunha Masterclass sobre Servizo de Mesa. Con esta acción preténdese formar ou perfeccionar a formación como camareiros de ata 200 persoas persoas.
Os cidadáns interesados en asistir tanto poden estar en activo como en proceso de busca de emprego. Os participantes distribuiranse en catro grupos de 50 persoas, dous dos cales asistirán á masterclass o 28 de abril (un grupo pola mañá de 10 a 13 horas e outro pola tarde de 16.30 a 19.30 horas) e os dous restantes o 9 de maio (mas mesmas franxas horarias).
Inscricións
Os interesados poden inscribirse gratuítamente no Centro Cultural Lustres Rivas en horario de 9 a 14 horas ou ben por teléfono no 981 835 650.
Ao remate do curso os alumnos participantes recibirán un diploma que acreditará o aproveitamento da formación recibida.











