Investigadores da UVigo e a UDC realizan un estudo en Riveira sobre reanimación en barcos de rescate
Os grupos de investigación GIAAS da Universidade da Coruña e REMOSS da Universidade de Vigo, van realizar este domingo, en colaboración co Concello de Riveira e Protección Civil, un novidoso estudo sobre reanimación cardiopulmonar en embarcacións de rescate durante o transporte acuático.
Trátase dunha investigación pioneira a nivel mundial que ten por obxectivo mellorar a resposta ante os incidentes acuáticos. Os tests de que consta a actividade terán dende as 9 ata aproximadamente as 13 horas en augas da praia de Coroso, onde se darán cita unha trintena de profesionais de distintos ámbitos.
Actualmente, os incidentes marítimos figuran entre as principais causas de morte entre os mozos menores de 20 anos: é a segunda causa en Europa e a terceira nos Estados Unidos.
A investigación está coordinada polo profesor da Universidade de Vigo Roberto Barcala e conta coa implicación de distinguidos expertos en materia de salvamento e socorrismo, como José Palacios, Antonio Rodríguez e David Szpilman.











