Finalizan os traballos de renovación de servizos e pavimentación na rúa Torreiro de Riveira
O Concello de Riveira informa da conclusión dos traballos de pavimentación e renovación de servizos na rúa Torreiro, vía situada no casco da localidade, Corrubedo moi preto de onde está situada a zona portuaria, centro neurálxico da vida do pobo.
Esta actuación supuxo un investimento de 105.249,62 euros e foi efectuada pola empresa Sograni (Sonense de granitos S.L.).
En virtude deste proxecto, que tamén afecta a un tramo da rúa Fontenova, procedeuse á separación da rede de pluviais e fecais mediante sendos colectores, o primeiro de PVC compacto e o segundo de PVC corrugado.
Harmonía co entorno
Ademais, o solo –anteriormente de formigón- foi pavimentado con lousas e adoquíns de granito, propiciando un aspecto harmónico coas rúas das proximidades.
A actuación estivo incluída no Plan de Obras e Servizos (POS) da Deputación Provincial da Coruña.











