Finalizan as tarefas de instalación de pluviais e pavimentación no lugar de Salmón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+

O Concello de Riveira informa da conclusión das obras de pavimentación e instalación de pluviais no lugar de Salmón, núcleo situado na parroquia de Oleiros.

A empresa encargada de executar a actuación foi Excavaciones Nima, S.L., por un importe de 122.399 euros.

Salmón está formado por unha serie de pequenas rúas con trazado irregular e anchura variable, predominantemente estreita. O anterior pavimento era de formigón na súa maior parte e estaba deteriorado, agás algún camiño máis alonxado do núcleo de pavimento asfáltico que tampouco estaba en bo estado.

Co fin de solucionar estas eivas, realizáronse unhas obras que incluiron en primeiro lugar a instalación dunha rede de pluviais (un total de 338 metros liñais de tubaxes), dispoñendo colectores de PVC corrugado e construíndo sumidoiros sifónicos e pozos de rexistro de formigón prefabricado.

Ademais, a área obxecto de actuación foi pavimentada cunha capa de formigón de 20 centímetros de espesor, intercalando un pavimento formado por adoquíns de formigón recto, de dimensións 20x15x8 centímetros.

 

10 de abril de 2014 | 19:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.