Concerto da Aula Galega de Saxofón na igrexa de Santa Uxía de Riveira
Este venres día 4, a partir das 21 horas na igrexa parroquial de Sta Uxía de Riveira, terá lugar un novo concerto da Aula Galega de Saxofón.
A Aula Galega de Saxofón é unha actividade organizada dende o Conservatorio Municipal e que xunta en Riveira a estudantes de saxofón de toda a xeografía galega (Santiago, Ferrol, Vigo, Pontevedra, Vila de Cruces, Rianxo, etc. etc) e que veñen a completar a súa formación co mestre Rodrigo Vila, profesor no Conservatorio Superior de Música das Illas Baleares.
Neste concerto actuarán o citado profesor da Aula, Rodrigo Vila e tamén contaremos cunha visita moi especial. Trátase do saxofonista estadounidense Jeff Vickers.
Este importante profesor estadounidense comezará a xira que fai por diversos puntos da xeografía española, como Oviedo, Alicante, e Mallorca. No Conservatorio Municipal de Riveira impartirá unha master class ao alumnos e participará no xa mencionado concerto do próximo venres.











