Comezan as tarefas de renovación do parque infantil da Bandeira

Tarefas de renovación no parque infantil da Bandeira
Os traballos de renovación do parque infantil da Bandeira están xa en marcha. A empresa que executa os traballos xa retirou os elementos de xogo e en breve procederase á colocación tanto dun novo peche perimetral coma dos xogos e mobiliario para o disfrute dos nenos e nenas, ademais de renovar o pavimento.
A renovación do parque forma parte do proxecto de Mellora da praza da Feira da Bandeira e do seu entorno, incluído no PID 2012, cunha inversión total de 50.366,72 euros. Este proxecto foi adxudicado pola Diputación á empresa Lappset, que tamén se encarga de renovar o parque da praza da Igrexa de Silleda.
A actuación inclúe tamén a peonalización dun tramo da rúa Renque da Froita.
“Consideramos que se trata dunha actuación necesaria para mellorar as condicións deste parque, moi utilizado polos nenos e nenas da Bandeira”, sinala o concelleiro de Servizos, Klaus Brey.
Ampliación da praza
Esta renovación e mellora completarase con outra actuación xunto á praza na que se atopa o parque infantil. Así, o proxecto contempla a peonalización dun tramo da rúa Renque da Froita. Neste botarase formigón impreso deixando a rúa ao mesmo nivel que a praza do Entroido.
Nos dous extremos do tramo da rúa (nas interseccións coa rúa da Feira e a rúa Renque do Peixe) está prevista a colocación de bolardos para impedir o acceso de vehículos, agás no caso dos residentes.











