Comeza en Riveira a masterclass sobre servizo de mesa para formar a 200 camareiros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+

O Auditorio Municipal de Riveira está a dar cabida no día de onte á primeira das dúas xornadas programadas da Masterclass sobre Servizo de Mesa, coa que o Concello pretende perfeccionar a formación como camareiros ata 200 veciños.

Esta clase maxistral constitúe unha das accións complementarias dos Cursos de Formación do Sector Hostaleiro que están a ter lugar dende o pasado febreiro, con financiamento do GAC.

O primeiro dos grupos está a asistir en quenda de mañá, de 10 a 13 horas, en tanto que haberá un segundo grupo de 16.30 a 19.30 horas.

Vacantes

A segunda das xornadas, tamén con turnos de mañá e tarde, terá lugar o vindeiro 9 de maio. Aínda quedan prazas vacantes. Os interesados poden inscribirse gratuítamente no Centro Cultural Lustres Rivas en horario de 9 a 14 horas ou ben por teléfono no 981 835 650.

Ao remate do curso os alumnos participantes recibirán un diploma que acreditará o aproveitamento da formación recibida.

28 de abril de 2014 | 12:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.