As obras de Cruxeiras descobren unha antiga fonte en Riveira que levaba dúas décadas semisoterrada

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+
Fonte achada en Cruxeiras

Fonte achada en Cruxeiras

As obras de instalación de servizos e pavimentación que se están a realizar dende marzo no lugar de Cruxeiras, na parroquia de Santa Uxía, permitiron sacar á luz unha fonte que permanecía durante dúas décadas semisoterrada e cuberta de maleza.

A decisión de desenterrar este elemento xurdiu a raíz do interese dos veciños de Cruxeiras que, unha vez iniciada a devandita actuación que está sendo executada pola empresa  Tarrío y Suárez, S.L., dirixíronse ao Concello para ver de recuperar unha fonte moi usada antigamente, pero que co progresivo abandono dos modos de vida tradicionais foi abandonándose ata a súa ocultación.

Agora, o Concello ten previsto tomar as oportunas medidas conducentes á súa restauración e preservación e para poñela en valor, tal e cómo vén facendo con outros elementos patrimoniais de semellantes características. Tal é o caso do lavadoiro do río Arxinde (desenterrado o pasado xaneiro despois de máis de vinte anos oculto) ou a fonte da Nogueira (restaurada o ano pasado).

14 de abril de 2014 | 18:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.