Aprázase o congreso local do Partido Popular do Porriño
O Partido Popular de Porriño informa de que o congreso previsto para este domingo, 27 de abril, non se realizará quedando aprazado para despois das Eleccións Europeas.
Precisamente, a celebración destes comicios, con todos os actos programados con tal motivo, foi a causa pola que dende o Comité Organizador decidiron pospoñer o congreso local do PP de Porriño cando menos un mes da data inicialmente fixada.











