Apertura do prazo para inscribirse no obradoiro de preparación para o ingreso no Conservatorio de Riveira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+

Un ano máis, o Conservatorio Profesional de Música de Riveira pon en marcha un obradoiro de preparación para o ingreso neste centro, que está dirixido a nenos e nenas de 8 a 14 anos que desexen facer a proba de acceso para cursar estudos oficiais no 2014/2015.

Trátase dun curso de carácter gratuíto no que, durante cinco semanas, se traballarán os contidos que van integrar a proba de acceso ao primeiro curso de Grao Elemental (proba de carácter obligatorio que terá lugar a mediados de mes). Ademais, os nenos e nenas terán un primeiro contacto coas distintas especialidades que se imparten, co obxecto de axudalos á elección da especialidade que nun futuro inmediato queiran estudar.

O horario a elixir será o proposto no cadro que aparece ao pé do documento, cun máximo de 20 prazas e un mínimo de 8 por cada grupo para levarse a cabo. As matrículas aceptaranse por rigorosa orde de entrega do correspondente formulario de matriculación nas oficinas do Conservatorio a partir do 1 de abril.

1 de abril de 2014 | 17:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.