Apertura da Casa Museo Municipal de Riveira durante a festividade da Semana Santa
O Concello de Riveira informa de que a Casa Museo Municipal, situada na rúa Galicia número 2, vai estar aberto durante a festividade da Semana Santa e aproveitando o aumento de afluencia turística á cidade.
Concretamente, esta instalación cultural abrirá as súas portas o xoves 17 e o venres 18, en horario de 9 a 14 e de 17 a 19 horas, e o sábado 19, de 10 a 14 horas.











