A UDC impartirá en Riveira un curso de actualización destinado a socorristas acuáticos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+

O Concello de Riveira alcanzou un convenio de colaboración coa Universidade da Coruña (Departamento de Educación Física e Deportiva) en virtude do cal o municipio vai ser escenario no mes de xuño dun Curso de Actualización en Socorrismo Acuático.

A acción terá lugar durante os días 6, 7 e 8 de xuño  Contará cun total de 30 horas, das cales 20 serán presenciais e 10 tutorizadas.

Os obxectivos do curso son a formación dos socorristas con novas técnicas protocolos e procedementos, mellorar a súa formación en temas relacionados coa prevención, o rescate e os primeiros auxilios en instalacións e espazos naturais acuáticos, e a súa concienciación en canto á importancia de desenvolver actitudes profesionais e valores humanos e na necesidade dunha formación continuada.

Estará coordinado por José Palacios Aguilar (profesor de Actividades Acuáticas e Socorrismo da Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física da Universidade da Coruña e vicepresidente primeiro de ADEAC) e terá como profesores a Carlos Agrasar Cruz, Roberto Barcala Furelos, Cati Gili Roig e Carlos Vales Porto).

Os interesados en participar poderán tramitar as súas inscricións no Complexo Polideportivo da Fieiteira. A cota é de 80 euros para os empadronados en Riveira e/ou alumnos da Universidade da Coruña e 100 para o resto. Como requirimento mínimo esixirase ter formación certificada en Socorrismo Acuático.

14 de abril de 2014 | 19:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.