A provincia da Coruña é o lugar do mundo no que se produciu un maior número de naufraxios catalogados

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal PortadaRiveira
A-
A+

Galicia e, dentro dela, a provincia da Coruña, é o lugar do mundo onde se produciu un maior número de naufraxios ao longo da historia. Así o asegurou o experto Rafael Lema durante a última das conferencias que o Abril Literario dedica este ano á conexión dos naufraxios coa historia e a literatura.

O autor (que ademais de investigador naval é historiador, narrador e poeta) estivo acompañado de Xosé Manuel Pazo, delegado autonómico da Real Liga Naval Española, quen se encargou de introducir ao conferenciante e explicar o seu currículo.

Lema Mouzo informou de que ten catalogados un total de 1.454 naufraxios en Galicia, dos cales a maior parte tiveron lugar na provincia coruñesa e especialmente na franxa de litoral comprendida entre Estaca de Bares e o Cabo de Corrubedo, ao que denominou “o val da morte”. Manifestou que só o cabo Hatteras, en Carolina do Norte (Estados Unidos), se lle aproxima cuns 500 naufraxios catalogados.

Lendas negras

O autor dedicou bos parte da súa intervención á refutar con probas algunhas das lendas negras que envolven a poboacións do litoral galego en canto a que eles mesmos provocaban con subterfuxios os naufraxios dalgúns barcos. De feito, asegurou que algunhas das lendas máis estendidas (como a que di que se pendían farois dos cornos das vacas para que se confundisen con luces doutros barcos) nin sequera son de orixe galega senón que proveñen da literatura francesa.

Con esta conferencia dou remate un exitoso ciclo “Naufraxios. Historia e Literatura”. Unha vez máis, numeroso público acudiu ao Centro Cultural Lustres Rivas para esta charla. Entre eles a concelleira de Educación, Maricarmen Vizcaya, e o presidente de Protección Civil de Riveira (e anterior relator) Francisco Sánchez Fraga.

25 de abril de 2014 | 11:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.