A praia riveirense de Coroso é escenario dun estudo sobre reanimación en barcos de rescate

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+

A praia de Coroso foi escenario no día de onte da posta en práctica dunha investigación sobre reanimación cardiopulmonar en embarcacións de rescate durante o transporte acuático, que estivo realizada polas universidades de Coruña, Vigo e Santiago co apoio do Concello de Riveira.

Trátase dunha investigación pioneira a nivel mundial que ten por obxectivo mellorar a resposta ante os incidentes acuáticos. Os tests de que consta a actividade terán dende as 9 ata aproximadamente as 13 horas en augas da praia de Coroso, onde se darán cita unha trintena de profesionais de distintos ámbitos.

Actualmente, os incidentes marítimos figuran entre as principais causas de morte entre os mozos menores de 20 anos: é a segunda causa en Europa e a terceira nos Estados Unidos.

A investigación está coordinada polo profesor da Universidade de Vigo Roberto Barcala e conta coa implicación de distinguidos expertos en materia de salvamento e socorrismo, como José Palacios, Antonio Rodríguez e David Szpilman.

28 de abril de 2014 | 13:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.