A oficina do Consorcio do Louro reforza o persoal e amplía o seu horario no Porriño
O Concello de Porriño informa a todos os veciños que, co obxectivo de atender todas as peticións e consultas na maior brevidade de tempo, axilizando tamén as diferentes xestións, a oficina de atención ao consumidor do Consorcio de Augas do Louro situada en Porriño reforzou o seu persoal e ampliou o seu horario de atención ao público de forma transitoria.
Si ata o día de hoxe as instalacións situadas na rúa Ramón González, número 44, 2º piso, tiñan unicamente horario matinal, de 09.00 a 13.00 horas, agora este amplíase tamén á tarde, estando aberta de 15.00 a 19.00 horas. Así mesmo, haberá máis persoas atendendo evitando así que se produzan longas esperas.
Neste sentido, o alcalde Nelson Santos lembra aos veciños que “acudan canto antes a devandita oficina para solicitar a instalación dun contador homologado, que rexistrará o consumo real efectuado, polo que a partir de entón cada usuario pagará única e exclusivamente polo que consuma, realizándose un pago xusto e real”. As estatísticas demostran que con esta medida non só moitos fogares aforraron no pago deste servizo, senón que se rexistrou un aforro significativo de auga. “Evítase así un mal uso dun ben tan prezado como a auga, pois no momento no que se establece o pago polo consumo real o usuario limítase e non fai un malgasto moitas veces innecesario; e ademais, por outra banda, a maioría dos veciños abonan unha cantidade bastante inferior a que si se lle aplicase unha tarifa fixa e xenérica xa que, polo xeral, esas cantidades fixadas a priori adoitan ser superiores ás que unha familia media consome”.
O primeiro dos recibos, correspondente ao primeiro bimestre do 2014, xa chegou a case todos os fogares. Nel inclúense os servizos de abastecemento, saneamento, depuración e canon da auga. Durante este primeiro ano, e mentres non estea instalado e en correcto funcionamento o contador, os recibos emitidos responden a un consumo estimado de 28 metros cúbicos bimensuales nunha vivenda de 3 membros, cun custo de 43 euros aproximadamente. O feito de ser máis ou menos persoas na vivenda pode ser tamén comunicado á entidade xestora e en función diso axustarase máis o importe total da factura, xa que se rexe por unha escala de tramos de consumo.











