publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Deputación de Lugo e o Concello de Riotorto melloran os accesos aos núcleos de Chancín e Aldurfe

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugoRiotorto
A-
A+

A Vicepresidenta Segunda da Deputación de Lugo, Lara Méndez, e o tenente de alcalde do Concello de Riotorto, José García Freije, supervisaron este xoves as obras de mellora levadas a cabo nos núcleos riotortenses de Chancín e Aldurfe a través do Plan de Obras e Servizos (POS) do 2013, que financian ó 50% o organismo provincial e os concellos, logo de que o Goberno central suprimise a súa achega económica.

As actuacións, que consistiron na mellora e acondicionamento dos accesos a estes dous núcleos rurais, benefician de forma directa a preto de 400 veciños. Deste xeito, e cunha inversión de preto de 25.000 euros entre a Deputación e o Concello, o organismo provincial mantén o seu compromiso de colaboración entre a institución e os municipios da provincia.

A inversión total realizada pola Deputación e os concellos mariñanos para acometer obras na comarca a través do POS é de máis de 400.000 euros, destinados a mellorar dotacións públicas no rural e combater o despoboamento. O plan contribúe ademais a crear e manter empregos. As obras realizadas na Mariña son de carácter estritamente municipal e consisten principalmente en mellora de accesos a pequenas localidades, pavimentación de rúas, abastecemento de auga ou acondicionamentos de redes de sumidoiros.

10 de abril de 2014 | 18:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.