245 veciños do Porriño participan nos programas “Ti tamén contas”, “Pensa en ti” e “Actívache”

Entrega de diplomas aos participantes
Un total de 16 accións formativas foron as desenvolvidas no Concello de Porriño nos últimos meses enmarcadas nos programas da Deputación de Pontevedra “Ti tamén contas”, “Pensa en ti” e “Actívache” e das cales participaron 245 persoas. Na tarde de onte, todos estes alumnos acudiron a recoller o seu diploma acreditativo nun acto presidido polo alcalde Nelson Santos, a deputada Marta Igrexas e os concelleiros do equipo de Goberno local Teresa Veloso e M. Alejandro, asistindo tamén as edís Ana Martínez, Iria Lorenzo e María José Martínez.
Os participantes nos programas “Ti tamén contas” e “Pensa en ti fixérono a través de diversas asociacións culturais e veciñais. Neste sentido, o alcalde sinalou que o obxectivo destes cursos “é contribuír a manter o dinamismo das asociacións e colectivos sociais á vez que se lles ofrece aos seus usuarios posibilidades de formación en materias do seu interese”, desta maneira, o rexedor local encomió o labor e o traballo realizado por todas estas entidades felicitando ás súas directivas e animándolles a continuar co asociacionismo. Pola súa banda, o programa “Actívache” céntrase “en potenciar a integración deste sector máis novo da poboación no mundo laboral á vez que lles permite alcanzar un maior enriquecemento cultural e persoal”.
103 alumnos nos 7 cursos de “Ti tamén contas”
O programa “Ti tamén contas” ten por finalidade fomentar o envellecemento activo e mellorar a calidade de vida das persoas maiores para que establezan novas relacións sociais e participen en actividades que eleven o seu estado anímico, potenciando a cooperación social, promovendo espazos de encontro e intercambio de experiencias para evitar o illamento e as situacións de soidade.
Neste apartado realizáronse un total de sete cursos dos que participaron 103 persoas. Así, a Asociación Cultural de Pontellas impartiu o curso de Cantos populares; o Círculo Recreativo Cultural un de Ioga e control da ansiedade; a Asociación Ou Castelo de Cans un de Corte e confección; a Asociación de Amas de Casa, Bailes de salón; a Asociación As Mimosas de Carracido, Elaboración de conservas de produtos do campo e a Asociación San Salvador de Torneiros, Manualidades e reciclaxe.
107 alumnos nos 7 curso de “Pensa en ti”
O programa “Pensa en ti” ten como obxectivo mellorar a formación das mulleres, promovendo espazos de encontro e intercambio de experiencias, evitando o illamento e tentando a súa incorporación ao mercado laboral. Así, os cursos impartidos teñen como obxectivo promover a igualdade, impulsar o desenvolvemento persoal e social da muller e mellorar a súa calidade de vida.
Un total de 107 persoas participaron dos 7 cursos. A Asociación Cultural de Pontellas impartiu Confección de bixutaría con abelorios e outros elementos; a Asociación de Amas de Casa uno de Cociña tradicional galega; a Asociación As Mimosas de Carracido, Herboristería e herbas medicinais; a Asociación Abrandares en Igualdade de Porriño, Reciclaxe e reutilización: papel, cartón e plástico; a Asociación Cultural Alba de Torneiros e a Asociación Ou Castelo de Cans, Arte floral e flores secas e a Asociación San Salvador de Torneiros, Iniciación á informática.
35 mozos participaron de dous cursos do programa “Actívache”
“Actívache” é un programa de actividades formativas e educativas no ámbito do lecer e do tempo libre que ten como obxectivos proporcionarlles formación aos máis novos, orientalos na procura de emprego e procurar a mellora do seu desenvolvemento persoal, artístico ou creativo.
No Concello de Porriño impartíronse dous cursos, un de Reparacións domésticas de fontanaría, albanelaría e carpintaría e outro de Mecánica básica do automóbil, que ocuparon a un total de 35 persoas de entre 16 e 35 anos.











