Uns 400 escolares visitarán as instalacións do Concello do Porriño para coñecer o seu funcionamento

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Porriño
A-
A+

Estudantes de Porriño de cuarto, quinto e sexto de Educación Primaria e de primeiro e segundo da ESO participarán a semana próxima das visitas guiadas á Casa Consistorial organizadas pola Concellaría de Educación que dirixe Ana Martínez. Ademais de coñecer esta obra do arquitecto porriñés Antonio Palacios, os mozos terán a oportunidade de saber como funciona a diario a institución municipal visitando os diferentes departamentos e coñecendo o traballo desenvolvido e os servizos prestados ao cidadán, desde Urbanismo a Medio ambiente, Servizos Sociais, a Alcaldía e as dependencias da Policía Local.

As visitas iniciaranse o luns 24 coa asistencia de alumnos dos colexios de Budiño (ás 10.00 horas) e de Atios (11.30 horas). O martes será a quenda para os centros Antonio Palacios e CPI Ribeira; o mércores acudirán estudantes do Colexio Santo Tomás; o xoves dos Irmáns Quiroga e Fernández López e, por último, o venres 28 de marzo, irá un grupo do IES Piñeiro Manso. De cada centro participarán uns 50 alumnos e 2 ou 3 profesores.

20 de marzo de 2014 | 19:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.