Uns 30 alumnos do programa de maiores e do curso de aproximación á cultura galega visitarán o Museo do Gravado de Artes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+

Unha trintena de alumnos pertencentes ao Programa Municipal para a Dinamización Social dos nosos Maiores e a Vivimos en Galicia (curso de aproximación a cultura galega para persoas foráneas e emigrantes retornados) terán a oportunidade de coñecer mañá martes o Museo do Gravado de Artes a través dunha visita guiada polas instalacións situadas no lugar de Outeiro.

A acción desenvolverase entre as 11 e as 11.45 horas, tempo suficiente para coñecer as coleccións que alí se están a exhibir, como é o caso da exposición “Randeeira” do artista noiés Delio Sánchez e doutras creacións pertencentes aos fondos do museo.

A organización desta visita realízase baixo a colaboración das Concellerías de Educación e Servizos Sociais de Riveira.

24 de marzo de 2014 | 17:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.