Unhas 25 empresas postúlanse para executar a senda mariñeira que unirá Area Secada co Porto da Ameixida

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+

Unha vez concluído o período de presentación de ofertas, son un total de 25 as propostas presentadas para a execución da recuperación e interpretación da senda mariñeira entre os lugares de Area Secada e o porto da Ameixida: unha das actuacións incluídas dentro do proxecto Riveira Atlántica 2015, que está cofinanciado nun 70% con fondos europeos Feder.

A acción ten un prezo de licitación de 399.927,70 euros e o seu prazo de execución son seis meses. O desenvolvemento deste proxecto constitúe unha prolongación do paseo marítimo polo borde litoral que une a cidade de Riveira co Touro, outra das iniciativas do Riveira Atlántica 2015.

Cunha lonxitude de 560 metros liñais, a senda mariñeira plantexada concíbese como un elemento integrador do medio costeiro-litoral no medio terrestre a través da recuperación para uso público desta franxa, cuxa abrupta orografía dificultan a accesibilidade nalgúns puntos.

O itinerario descorrerá case na súa totalidade pola zona de servidume de tránsito. Para a súa realización empregaranse distintos materiais acordes co entorno no obxecto de causar o menor impacto visual. Fundamentalmente madeira, e tamén zahorra artificial e pavimento térreo tipo Aripaq . Así mesmo, será necesario levantar diversos muros de contención nalgúns tramos.

O proxecto complétase con paneis interpretativos con información medioambiental, bancos de madeira, papeleiras abatibles de aceiro inoexidable e alcorques de fundición.

20 de marzo de 2014 | 18:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.