Un total de 16 púxiles de Galicia e Asturias mediranse na segunda velada de boxeo Cidade de Riveira

Presentación do certame
Un total de 16 púxiles van particiar na noite deste sábado na segunda edición da Velada de Boxeo Cidade de Riveira: unha iniciativa organizada polo club local de boxeo El Canario, coa colaboración do Concello de Riveira, Round Galicia, Asociación de Veciños de Carreira e Centro Recreativo de Artes.
O presidente do citado club, Israel Benítez, e o concelleiro de Deportes, Juan Luis Martínez, ofreceron os detalles deste evento, que se disputará a partir das 22.15 horas no pavillón polideportivo da Fieiteira.
Haberá un total de oito combates, nos que se medirán trece boxeadores galegos e tres asturianos. Por parte do club El Canario competirán catro deportistas: o propio Israel Benítez, Marcos Villa, Andrés Romero (ambos tamén presentes na presentación) e André Fandiño.
O prezo da entrada ascende a dez euros en cadeira a pé de vista e sete euros en grada. Non obstante, a velada ten un compoñente solidario, de tal xeito que se aplicará un desconto dun euro a aqueles espectadores que traian comida en favor da organización sen ánimo de lucro local Cruz Vermella.
Tanto para Marcos Villa como para Andrés Romero, este supón o seu terceiro combate oficial, celebraron a oportunidade de acoller este tipo de iniciativas, “que non son moi comúns na comarca”, e amosaron o seu desexo de demostrar sobre o ring todo o aprendido nos adestramentos.











