Un entroido de maxia na Bandeira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalSilleda
A-
A+
A máxia do entroido na Bandeira

A máxia do entroido na Bandeira

O entroido pasou por Silleda bastante deslucido, tal vez o tempo revolto (empresas pechadas, a crise da Semana Verde, o desalento veciñal) fose un dos causantes de que este ano as actividades fosen máis ben escasas. Lamela foi o primeiro lugar silledense en facer un alto no camiño cos seus xenerais, centinelas e correos, onde a climatoloxía acompañou para que veciños, familiares e amigos disfrutasen dunha fermosa tarde do sábado 22 de febreiro.

Esa mesma climatoloxía non foi a mesma coa que despertou onte sábado A Bandeira, que esperaba lucir polas súas rúas o desfile de corrozas, comparsas e os “vivas” dos xenerais, para rematar cos atranques na praza da Feira, pero esa fermosa chuvia que nos leva acompañando desde hai máis de dous meses, facéndonos recordar os invernos pasados, fixo que todo cobrara un menor protagonismo, recurrindo á carpa da petanca para celebrar os actos centrais.

Pero a maxia do entroido recuperouse pola noite, baixo a cuberta do pabillón de deportes da Bandeira disfraces e disfrazados, xa sen medo das inclemencias metereolóxicas, disfrutaron como “enanos” dunha noite “máxica” na compañía musical do dúo Punto Zero.

Xa en Silleda, a Asociación de veciños Olaia, foi a que se encargou de manter vivo o espíritu carnavalesco en Silleda, celebrando onte sábado no pabillón de deportes silledense unha chocolatada e distintas actividades para os máis cativos.

En Parada, a asociación de veciños volveu celebrar o entroido no centro social con concurso de disfraces e premios en tres categorías (individual, infantil e grupos) tamén houbo chocolatada e baile a cargo de DJ Sanse.

A Asociación Cultural Coto do Castelo de Graba, organiza o domingo 2 de marzo, a partir das 11.00 unha vellada con postres típicos de entroido. Haberá orellas, filloas, flores… e animación musical a cargo dun grupo de gaiteiros.

O luns 3 de marzo, a Asociación Cultural Vista Alegre organiza o clásico baile infantil con animación, merenda e chocolate con churros.

A un ano vista do próximo entroido, esperamos ansiosos de que a “variña” máxica devolva a cordura aos políticos, a honradez aos gobernantes, imaxinación aos empresarios, forza aos traballadores, ilusión aos estudantes e que a máxia volva a reinar entre a sociedade.

2 de marzo de 2014 | 14:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.