Todo a punto en Silleda para a apertura do hotel Via Argentum este venres 28 de marzo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaSilleda
A-
A+

A Vía Argentum abrirá as súas portas este venres 28 de Marzo. Desde o pasado mes de Setembro a propiedade do establecemento levou a cabo un plan de posta a punto e mellora das instalacións co obxectivo de recuperar para Silleda o buque insignia da hotelería da comarca do Deza.

Vía Argentum, natureza spa e deporte desenvolveu unha completa oferta de servizos:

• 79 habitacións dobres estándar, 6 habitacións dobres con terraza, 2 Junior suites e 1 suite presidencial.

• Restaurante panorámico BALATTA, na 5ª planta do hotel e snack-bar.

• Un completo Spa e un circuíto de augas que conta con baño de vapor, sauna seca, ducha de esencias, ducha de contrastes, ducha peeling e ducha cubo, ademais da Piscina dinámica con camas de hidromasaxe, fervenza, pescozos de cisne e chorros subacuáticos

• Servizos deportivos: un completo gimnansio, Acquagym, Ioga, Zumba, Pilates e outras actividades dirixidas pensadas especialmente para os residentes en Silleda completaranse en breve cunha pista multideporte.

Para celebrar a súa apertura o Hotel Vía Argentum organiza este sábado 29 unha cea baile á que asistirán os clientes aloxados no hotel e moitos veciños da zona que xa realizaron o seu reserva. Continúa aberto o prazo de reservas para participar desta velada.

26 de marzo de 2014 | 17:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.