Riveira retoma os traballos necesarios para a finalización do polideportivo de Palmeira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+

O Concello de Riveira infórma de que esta mesma semana foron reiniciaron as obras necesarias para a finalización do Pavillón Polideportivo de Palmeira.

A conclusión do inmoble foi unha actuación adxudicada a Acciona Infraestruturas, S.A., por un importe de 803.847 euros. O prazo de execución é de 135 días naturais, co cal se manteñen as previsións do Concello de que a obra estea finalizada e en funcionamento antes de comezar este verán. Nestes momentos, operarios están procedendo á limpeza e desbroce da área de actuación.

Unha vez rematado, o inmoble contará cunha superficie total de 2.457 metros cadrados distribuídos en dúas plantas: unha planta baixa de 557 metros e outra semisoto de 1.900. A planta de acceso contará con dúas entradas, gradas, unha aula polivalente e unha oficina de información; mentres o andar semisoto disporá dunha pista deportiva, catro vestiarios (dous para monitores e dous para minusválidos), aseos xerais e de minusválidos, tres almacéns, dous cuartos de instalación, enfermaría, ximnasio-fitness, cuartos de limpeza e aula polivalente.

Ademais do de carácter deportivo, o edificio terá ademais unha orientación multiusos, permitindo a posibilidade de albergar outras actividades de alta concorrencia, como  proxeccións de películas, concertos, representacións teatrais, etc. ata unha capacidade máxima de 1.195 ocupantes.

6 de marzo de 2014 | 18:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.