Riveira contará cunha nova área de espercemento de 1.663 metros cadrados no camping de Coroso

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+

O Concello de Riveira acaba de ser destinatario da concesión con carácter provisional dunha subvención da Deputación Provincial que, cunha contía de 11.290,10  euros, está destinada a unha actuación ambiental que se pretende executar na zona de Coroso.

Concretamente, o Concello ten intención de adquirir dúas fincas por unha superficie total de 1.663 metros cadrados e converter ese espazo nunha área de esparcemento.

Mesas e bancos de pedra

A tal efecto, preténdese limpar a zona de actuación e dotala de distinto mobiliario urbano, como mesas, bancos de pedra e papeleiras, co obxecto de que veciños e visitantes conten cun área na que disfrutar do seu tempo de lecer.

Cómpre salientar que esta actuación, situada moi preto do cámping alí enclavado, servirá de perfecto complemento para os usuarios do veciño paseo marítimo entre as praias de Coroso e río Azor que se está a construír dende hai un mes.

27 de marzo de 2014 | 12:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.